DomusVi resulta beneficiaria do Programa Integrado de Emprego da Xunta

A compañía está no albo da polémica pola xestión das residencias durante a pandemia.

Núñez Feixoo e a popular Ana Pastor, coa Ceo de DomusVi, Josefina Fernández, nunha imaxe de arquivo.
photo_camera Núñez Feixoo e a popular Ana Pastor, coa Ceo de DomusVi, Josefina Fernández, nunha imaxe de arquivo.

A compañía  DomusVi informa que resultou beneficiaria do Programa Integrado de Emprego da Galiza, o instrumento da Xunta dirixido á mellora da ocupación e a inserción laboral de persoas en situación de desemprego.

A compañía informa que “ao longo dos 12 meses que dura o programa,  DomusVi formará a un total de 100 persoas con vocación de traballar no sector sociosanitario”.

O Programa Integrado de Emprego de  DomusVi está dirixido a mulleres e homes menores de 30 anos en situación de desemprego, así como mulleres en xeral de toda Galiza, que durante o tempo que dure a formación gozarán de axudas de asistencia diaria e servizos de conciliación para nenos e maiores.

Domus Vi está no albo da polémica pola xestión das súas residencias na pandemia da Covid. Familiares de usuarios e sindicatos inciden nas críticas durante estes  meses.

A conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández Miguélez, compareceu hai unas semanas no Parlamento galego, comparecencia que serviu para confirmar o incumprimento das ratios de persoal esixidas pola lexislación nas residencias do primeiro operador da dependencia da Galiza. A unha pregunta da deputada do BNG, Olalla Rodil, a directiva de DomusVi recoñeceu que “a ratio de persoal é sagrada pero hai veces que pasamos varios días sen o persoal necesario”, na liña do denunciado polas actas dos servizos de inspección de Política Social e  recollido no informe do Consello de Contas de 2017.

Comentarios