Imprimir

O PSdeG denuncia o “incumprimento flagrante” de contratos en concesionarias da Cidade da Cultura

Redacción | 19 de febreiro de 2016

Imaxe: Turgalicia
Imaxe: Turgalicia

O deputado socialista Emilio Vázquez levou á Comisión de Cultura unha pregunta sobre “as eivas na fiscalización do servizo por parte da Fundación e do Goberno galego”.

Emilio Vázquez, voceiro do grupo parlamengar socialista, advertiu do que cualificou como “incumprimento flagrante” das condicións na concesión do servizo de información e atención ao público na Cidade da Cultura. Vázquez levou á Comisión de Cultura unha pregunta sobre “as eivas na fiscalización do servizo por parte da Fundación e do Goberno galego”.

Asegurou o parlamentar que a empresa beneficiaria do contrato “incumpre varios dos requisitos especificados nos pregos de contratación”, como son que o persoall, dixo, está “contratado cunha categoría inferior á esixida nos pregos”. Emilio Vázquez lembrou que a empresa concesionaria, a malagueña Brócoli, acadou a terceira posición no concurso e accedeu logo da renuncia das dúas primeiras. Explicou que chegou á Cidade da Cultura logo de que a anterior adxudicataria, a empresa Eulen, despedira os encargados de información e atención ao público dous días antes de que se cumpriran os seis meses que obrigarían a subrogar ao persoal, e dous días antes do remate dunha exposición –“O Camiño: A Orixe”- que tivo que ser clausurada polo propio persoal da Fundación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/traballo/denuncian-incumprimento-flagrante-contratos-concesionarias-da-cidade-da-cultura/20160218104212045040.html


© 2020 Nós Diario