CIG presenta conflito colectivo pola “non aplicación”da lei de emprego público no Consorcio de Benestar

O sindicato nacionalista acude ao Tribunal superior de xustiza de Galiza (TSXG)

A CIG presentou conflito colectivo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) pola “non aplicación” da lei de emprego público de Galiza ao persoal do Consorgio de Igualdade e Benestar. Lembra o sindicato nacionalista que a lei de emprego público sitúa fóra do seu ámbito de aplicación ao persoal de entes instrumentais, apontando a que desde que foi aprobada (na primavera) a CIG reiterou en non poucas ocasións que esta norma se aplicase.

A sorpresa, indica a CIG, é que aquelas normas que se refiren a disposicións que “restrinxen ou rercortan dereito” aplícanse de inmediato ao cadro de persoal do Consorcio, mentres que as que “amplían dereitos” teñen que ser “reclamadas unha e outra vez”.

Comentarios