Imprimir

Xurxo Souto presenta 'Pangalaica' na Coruña

Redacción | 20 de novembro de 2020

O escritor e músico Xurxo Souto. / Nós Diario
O escritor e músico Xurxo Souto. / Nós Diario
Xurxo Souto presenta 'Pangalaica' na asociación Alexandre Bóveda da Coruña.

Ás 19 horas do serán da sexta feira, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolle a presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos, de Xurxo Souto, editado por Galaxia.

Unha obra que nace durante o confinamento, cando a directora de Nós Diario lle propón a este referente da música 'bravú' que  "durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda", posto que a situación impedía a realización de ningún acto cultural.

Esa foi "a escusa que precisaba", Xurxo Souto. Ao día seguinte aparecía “Haberá primavera!”.

Esa sería a  primeira entrega dunha longa serie de "petiscos literarios" que se prolongou durante seis meses e que "construíu toda unha cosmovisión de persoas e historias marabillosas" que o autor coñeceu de xira cos Diplomáticos de Monte Alto.

Durante a presentación, Xurxo Souto estará acompañado polo músico César Morán.

Ademais de músico e escritor, Xurxo Souto, ten colaborado na radio, conducindo "A tropa da tralla" ou "Aberto por reformas", en Radio Coruña e na Radio Galega, respectivamente.

Escribiu outras dúas novelas el ibros de relatos e dirixiu o documental "Pucho Boedo, un croones na fin do mundo".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/chega-librarias-pangalaica/20201119204039109448.html


© 2020 Nós Diario