Imprimir

Dous de cada dez galegos e galegas que poden votar o 5-A residen fóra do Estado español

Europa Press / Redacción | 14 de febreiro de 2020

Papeletas nun colexio electoral.
Papeletas nun colexio electoral.

72.964 galegos e galegas votarán por primeira vez nunhas eleccións para o Parlamento da Galiza.

Un total de 2.699.876 persoas están convocadas para votar nas próximas eleccións ao Parlamento da Galiza, que terán lugar en 5 de abril. Destas, 72.964 poderán facelo por primeira vez nas eleccións galegas.

Estes son os datos que saen do censo electoral actualizado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), dos que tamén se recolle que 2.237.062 persoas son electoras e electores residentes na Galiza e 462.443 no estranxeiro.

Os electores e electoras residentes no estranxeiro que desexen votar deberán solicitar o seu voto á delegación provincial da Oficina de Censo Electoral (OCE) correspondente ao seu rexistro até o 7 de marzo.

Arxentina é o país con maior número de electoras que poden votar o 5 de abril (165.334 persoas), seguida de Brasil (42.963), Cuba (41.756) Uruguai (36.859) e Suiza (33.421). 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/17-das-persoas-poden-votar-nas-eleccions-galegas-5-abril-residen-fora-do-estado-espanol/20200214111751091396.html


© 2020 Nós Diario