A Xunta vulnerou o dereito á greve o 8 de marzo

O TSXG  critica a actitude “maliciosa” da administración galega na hora de fixar os servizos mínimos nunha xornada de paros e greves das mulleres.

greve feminista mulleres 8m

O pasado 8 e marzo miles de mulleres mobilizáronse en Galiza no marco do Paro Internacional das Mulleres contra a disriminación e a violencia. Unha xornada de paros e greve no que a Xunta non xogou limpo. CIG e CCOO informan que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de pronunciarse a respecto dos servizos mínimos que para ese día establecera a administración galega.

“O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular o Decreto de servizos mínimos ditados pola Xunta de Galiza para a xornada de folga de Mulleres convocada o pasado 8 de Marzo. En concreto anula os mínimos referidos á consellaría de Presidencia, CRTVG, Centro de Emerxencias 112 e Parque Nacional das Illas Atlánticas”, sinala o sindicato nacionalista . A CIG, no seu momento, presentou recurso por considerar que se trataba duns “servizos máximos, abusivos e exaxerados” que vulneraban o exercicio do dereito fundamental á greve.

Desde Comisións, indican que o TSXG dálle a razón e considera que a Xunta “vulnerou o dereito á folga o pasado 8 de marzo”. Así mesmo, engade, Alto Tribunal critica a actitude “maliciosa” da administración galega na hora de fixar os servizos mínimos.

Comentarios