O paro rexistrado aumenta na Galiza en 8.252 persoas

Os traballadores e traballadoras afectados por ERTEs (151.000) non se contabilizan ao considerarse a súa situación de suspensión, non despedimento. A afiliación á Seguridade Social caeu en Galiza no mes de marzo en peto de 10.000 persoas.

O paro rexistrado aumentou en marzo en 8.252 persoas, unha media de 266 novas persoas no desemprego cada día. Un dato malo, derivado do impacto da crise do coronavirus, e no que non se computan os traballadores e traballadoras atinxidas por un expedientes de regulación tempotal do emprego (ERTE), ao considerarse que a súa situación é de suspensión, non de despedimento. Este colectivo é, na Galiza, de máis de 151.000 persoas.

O desmprego rexistrado polos servizo de emprego sitúase en 174.431 persoa. O paro aumentou en todos os sectores agás no primario,pesca e agricultura, onde mesmo baixou, se ben dunha maneira case que testemuñal ao ser só en 79 persoas.

Este sector, o primario,é dos poucos que o Estado autorizou a continuar as actividades con certa normalidade baixo o estado de alarma, ao consideralo esencial e fulcral. Porén, desde algúns subsectores, como marisqueo ou parte da pesca, incidiuse nestes días nas importantes perdas económicas e riscos de saúde que supuña manter a actividade.

No resto de ramas, o paro aumentou, nomeadamente na de servizos, onde marzo se despediu con 6.619 persoas máis no desemprego rexistrado. A decisión de feche de hostelaría ou determinado comercio e tendas co estado de alarma tivo a súa tradución en impacto no emprego destes sectores.

Tamén construción (830 desempregados e desempregadas máis) e industria (+748) sufren o impacto do aumento do paro.

O número de contratos, loxicamente, descende: asináronse o mes pasado menos de 56.000, o que supón 22% menos que no mes anterior. Iso si, os temporais continúan a ser moi maioritarios entre os asinados (case 50.000).

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, desde mediados de marzo caeu na Galiza en 3,5%. A afiliación á Seguridade Social caeu na Galiza no mes de marzo en perto de 10.000 persoas, pasando das 112.353 de febreiro, ás 102. 623 de marzo.


 

Comentarios