As explotacións galegas reclamarán as perdas polos baixos prezos do leite

A resolución da Comisión Nacional dos Mercados da Competencia (CNMC) abriu o camiño para presentar demandas até o mes de xullo de 2020 e poder recuperar as cantidades que gañaron as grandes empresas lácteas entre 2010 e 2019.
Explotación gandeira (Pxfuel)
photo_camera Explotación gandeira (Pxfuel)

A Comisión Nacional dos Mercados da Competencia (CNMC) resolveu en xullo de 2019 sancionar a varias empresas do sector lácteo por acordar os prezos de compra do leite. Con esa decisión abriu a posibilidade de que as explotacións gandeiras puideran reclamar polas perdas que tiveron.

Desde Unións Agrarias (UUAA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) informan estes días en encontros e asembleas co sector que teñen de prazo até xullo de 2020 para presentar as demandas. As indemnizacións poden ser millonarias se temos en conta que o período que trata é desde 2010 até 2019.

Sindicatos como a Federación Rural Galega (FRUGA) cren que é necesaria unha interprofesional, un lugar onde chegar a unha fixación de prezos mínimos e xustos que evitaría este problema.

A resolución da CNMC puxo en evidencia as malas prácticas de empresas galegas como Larsa ou Río e outras como Danone, Lactalis, Pascual ou Nestlé.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios