UUAA quere que sexa delito mercar leite galego por debaixo do seu custo

Denuncian que os prezos seguen lonxe da media da Unión Europea e censura que a Xunta suprimira a convocatoria de axudas para as organizacións de produtoras e produtores
Lorenzo Ramos (UPA) e Roberto García 
 (Unións Agrarias) en 
 rolda de prensa (Europa Press)
photo_camera Lorenzo Ramos (UPA) e Roberto García (Unións Agrarias) en rolda de prensa (Europa Press)

Unións Agrarias denuncia que os prezos do leite galego "están lonxe" da media europea. Asegurouno en rolda de prensa en Compostela o secretario xeral de Unión de Pequenos  Agricultores (UPA), Lorenzo Ramos. Desde este sindicato aseguran que o balance deste 2019 é “negro” para produtoras e produtores.  

Segundo os datos de outubro do Ministerio de Agricultura o prezo do litro de leite que cobra unha explotación galega atópase en 32,1 céntimos, polo que "seguimos de últimos" do que se paga no resto do Estado español e tamén en Europa. 

UUAA reclama que "sexa delito" pagar por debaixo dun custo de produción obxectivo, tal e como sucede en Francia. Solicitan unha reforma da lei da cadea alimentaria sinalando que na actualidade é "unha formulación teórica de boas intencións" sen que a venta a perdas se sancione de forma real.

Lorenzo Ramos explica que sobre que a produción dun litro de leite supón un custe de entre 33 e 34 céntimos en cifras do Ministerio, polo que "non pode ser que a inmensa maioría" do leite que venden as explotacións gandeiras galegas "estea por debaixo de 32 céntimos, produciríase por debaixo dos custes de produción".

UUAA censura que "a única decisión que tomou" a Consellaría de Medio Rural foi "suprimir" a convocatoria de axudas para as organizacións de produtoras e produtores, e "favorecer" deste xeito a industria na negociación de novos contratos para el mes de marzo.

O secretario xeral de UPA denuncia que na actualidade "volvemos a unha dinámica na Galiza na que hai grandes titulares da lexislatura do rural, de apoio a agricultoras e agricultores, e unha realidade práctica que demostra todo o contrario", censura.

Comentarios