Xustiza

Abanca pide traducir ao español unha sentenza que a condena a devolver a un cliente 3.100 euros subtraídos por 'phising'

A sentenza, á que tivo acceso 'Nós Diario', recoñece a responsabilidade do banco e non ve "neglixencia grave" do usuario, pois deu os seus datos persoais ao estafador porque o contactara polas canles oficiais de Abanca e, así, non sospeitara da fraude. A defensa da entidade, pola súa parte, exixiu a tradución da sentenza ao castelán alegando que "non radica na Galiza", o que obriga a interromper o prazo para presentar aclaracións, complementos e o recurso de apelación correspondente.
O 'phising' é un dos métodos de estafa máis estendidos (Foto: Nós Diario).
photo_camera O 'phising' é un dos métodos de estafa máis estendidos. (Foto: Nós Diario)
Comentarios