A restauración, coartada para reabrir a mina Touro-O Pino

A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non urxe o arquivo do proxecto "definitivo" presentado por Explotaciones Gallegas para drenar as augas ácidas procedentes do xacemento, sen actividade desde mediados dos anos 80. A empresa, propietaria orixinal dos dereitos de explotación das antigas minas de cobre, adiou desde 2018 unha proposta definitiva que poña fin á contaminación dos ríos que percorren a contorna. Mais non atende os obxectivos lexítimos, denuncian. O proxecto só busca dar servizo á explotación mineira a ceo aberto que Atalaya Mining porfía en reabrir. 
A vecinanza de Touro denunciou o pasado mes de outono a calidade das augas que rodean a antiga mina.
photo_camera A vecinanza de Touro denunciou o pasado mes de outono a calidade das augas que rodean a antiga mina. (Foto: Mina Touro - O Pino Non)
Comentarios