A repunta da Covid sitúa a taxa de positividade por riba de 5%, porcentaxe á que non se chegaba desde febreiro

Os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba na Galiza disparáronse a 154 a unhas horas de que se relaxe o uso da máscara no exterior. Son 34 máis que a xornada anterior. Tamén aumentan os casos activos, que se sitúan en 1.377. Ademais, os pacientes ingresados por este coronavirus soben a 46 -un máis-. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta por encima do 5% por primeira vez desde mediados de febreiro.

Realización dunha proba PCR no concello de Abegondo. Europa Press
photo_camera Realización dunha proba PCR no concello de Abegondo. Europa Press
Comentarios