As nosas extraordinarias aves comúns: Pardal común, o paxaro da casa

Se hai unha ave, un paxaro asociado aos humanos ese é o pardal común, nas aldeas, vilas e cidades, os seus chíos dan vida e alegría ás persoas e a súa omnipresencia, abundancia e doada observación, fan que sexan unha especie idónea para achegarnos ao mundo das aves. Unha vez recoñecidos os pardais, podemos aventurarnos a identificar outras especies semellantes, comparando o seu tamaño, comportamento, voo ou as súas cores. Porén, os pardais están en declive en moitos lugares de Europa, o que debería ser unha chamada de atención sobre a pegada que os seres humanos estamos a provocar no medio ambiente.
Un macho de pardal común ('Passer domesticus') nunhas silveiras esperando por comida.
photo_camera Un macho de pardal común ('Passer domesticus') nunhas silveiras esperando por comida.
Comentarios