Un estradense de 65 anos de idade, José Manuel B. B, faleceu esta fin de semana cando se atopaba no Pac da Estrada e sen poder recibir asistencia médica ao estar o único médico fóra do centro para atender unha urxencia. Esta persoa, de 65 anos de idade, morreu no PAC atragoado no seu propio vómito segundo recollen medios como Cadena Ser e La Voz citando familiares que se atopaban con el canda os feitos.
O sábado, día do suceso, no PAC da Estraba había un único facultativo para atender os doentes. O médico abandonara o centro para atender unha emerxencia, Cando volveu ao centro, José Manuel B.B. xa falecera. A familia non desbota emprender accións xudiciais contra o Sergas.