Un seguimento masivo a nivel de Estado, e principalmente na Galiza, contra a Lomce non fai que o goberno español tome nota. A vicepresidenta, Sáenz de Santamaría, sinalou que os elementos claves da lei vanse manter sen tocar e que o feito de que non se aprobara esta sexta foi para “enriquecer algúns aspectos”. E apunta a que pode ser aprobada na vindeira semana.
Soraya mesmo apunta a que o goberno mantivo no seu momento un amplo diálogo con todos os sectores e colectivos
A mensaxe do executivo central é, logo, clarificadora: mantéñense inalterábeis os peares dunha lei que xerou un rexeitamento rotundo do conxunto da comunidade educativa.
Desde o goberno consideran que xa existiu un amplo diálogo cos diferentes colectivos afectados pola lei. Mesmo presumiu o goberno de ter variado algúns aspectos da Lomce nese proceso de 'diálogo'