A nación dos mil viños: Harmonías e pompa

O mundo do viño está rodeado de recomendacións para optimizar a satisfacción no seu consumo, en gran medida vinculado á gastronomía. Moitas delas están pensadas para a cata profesional, para o servizo en restaurantes ou para o envellecemento de botellas nas adegas. Criterios para harmonizar pratos e viños, temperaturas de servizo, que copas usar, cando hai que decantar unha botella, como conservala… son cousas que enfeitizan nunhas persoas e arrepían noutras.
As numerosas caras do mundo do viño detrás dunha copa (Ilustración: Toño Núñez Amigo-Rivadulla).
photo_camera As numerosas caras do mundo do viño detrás dunha copa (Ilustración: Toño Núñez Amigo-Rivadulla).
Comentarios