A Galiza solidarízase con Palestina por sétima semana

Ao pouco de coñecerse a ampliación do cesar o fogo en Gaza e ante a presión internacional para evitar novos ataques, centos de persoas volveron esta segunda feira ocupar as prazas dunha trintena de localidades da Galiza "contra o xenocidio sionista do pobo palestino". Por sétima semana consecutiva exixiron sancións e a ruptura de relacións con Israel.
Concentración na praza Roxa de Santiago (Imaxe: Nós Diario)
photo_camera Concentración na praza Roxa de Santiago (Imaxe: Nós Diario)
Comentarios