"Paremos o xenocidio sionista. Palestina Vencerá" é o lema da convocatoria que unirá Galiza e Portugal nun berro conxunto contra a masacre na Faixa de Gaza mais tamén contra a ocupación israelita dos territorios palestinos.
A concentración foi convocada para o vindeiro 4 de agosto e terá lugar na Ponte Internacional (Salvaterra-Monçao), símbolo da relación entre os pobos galego e portugués.
Será ás 19.30 horas -hora portuguesa, 20.30 segundo a que rexe na Galiza- e ten por obxecto denunciar o asasinato de máis de 1.500 persoas en Gaza no marco da ofensiva militar israelita encetada a comezos do pasado mes mais tamén exixir a fin da ocupación sionista en Palestina.
Imaxe capa GZ Foto