Un mozo que se precipitou da Muralla de Lugo na zona da porta de San Pedro faleceu esta quinta feira.
Así o confirmaron fontes do servizo de emerxencias do 112 Galiza, que recibiu varias chamadas de alerta despois do acontecido.
Até o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias do 061, así como da Policía Local.
Tamén efectivos da Policía Nacional, que se fixo cargo da investigación.