martes 29/09/20

Cae o número de contaxiadas nas residencias pero aínda representa 7,5% dos casos activos

O número de casos activos nestes centros caeu na última xornada. Porén, a Consellaría de Política Social explicou que isto debeuse ao falecemento de dous residentes no Incio e na DomusVi de Outeiro de Rei e outro nos Gozos, en Pereiro de Aguiar. Na residencia de atención á discapacidade Ricardo Baro de Aspronaga disparáronse os contaxios até afectar a 26 usuarias e 5 empregadas.
domusvi, outeiro de rei, contaxios, servizos, distribución, covid-19, coronavirus
Unha furgoneta de servizos na residencia de Outeiro de Rei. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
comentarios