Atrasos nas medicacións e non poder acompañar os residentes ao baño, consecuncias da falta de persoal nunha residencia de Gondomar

O incumprimento dos ratios de persoal na residencia Vila do Conde de Gondomar provoca sobrecarga laboral que afecta o servizo, afirma a CIG. O sindicato denuncia que se tramitaron dous expedientes por este motivo en 2023 e 2024 sen que a Consellaría de Política Social teña respondido aínda

 

resicenic agondomar foto cig
A residencia de maiores Vila do Conde, en Gobdomar. (Foto: CIG)
Comentarios