Arroxo presenta a peonalización da contorna da Muralla de Lugo

“Un paso de xigante no camiño dunha muralla totalmente peonil”. Así presentou na mañá de onte Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo, o proxecto de peonalización da Mosqueira, que “servirá como espello para humanizar a contorna do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos”. O edil nacionalista deu a coñecer o proxecto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e co xefe de servizo de Enxeñaría, Pablo Fuentes.

Rubén Arroxo, Alexandre Penas e Pablo Fuentes (Imaxe: Nós Diario).
photo_camera Rubén Arroxo, Alexandre Penas e Pablo Fuentes (Imaxe: Nós Diario).
Comentarios