#sermos156: a longa batalla pola normalización do galego

Falamos do escenario creado após o multitudinario 25X, entrevistamos o poeta François Davos, debullamos o que significa a absorción de R... Todo isto e máis, neste número. Á venda na nosa loxa. 

unnamed (1)

Máis un número de Sermos Galiza saído do prelo, desta vez cun tema da semana que deita a mirada sobre se o acordo asinado recentemento pola totalidade das forzas políticas sobre o galego garante implica a recuperación do consenso lingüístico. E tamén falamos da longa e dura batalla pola normalización do galego. A humillación dunha nena de 10 anos na por falar galego volve poñer de actualidade unha situación que non é un caso isolado. Nunha dupla páxina falamos.

O escenario após o Día da Patria unitario tamén é tratado neste número. “25X: estación de inicio ou estación de término?”. O mandato de unidade que se escoitou na Praza da Quintana ten que se concretar agora, mais como? con quen? Son preguntas nas que os diferentes emprazados non sempre coinciden nas respostas. Tamén publicamos 'Pola Unidade nacional galega', o manifesto que se leu na Quintana no 25 de xullo por representantes do mundo da cultura, o deporte e os movementos sociais. Un artigo de Pilar Fernández, integrante do grupo promotor deste Día da Patria unitaria, acompaña toda a información.

“Recollendo escombros”

Na sección de Textos entrevistamos o poeta François Davos, un francés que adoptou a lingua galega como literaria. Recoñece que en Galiza atopou unha cultura máis viva e dinámica que en París. O seu poemario, 'Recollendo escombros', do que publicamos un avanzo, está dispoñíbel en formato epub na loxa de Sermos Galiza.

E en 'Okapi' falamos de 'Obocoxo, que organiza obradoiros e actividades infantís para manter ben activos os rapaces durante o verán e axudar as familias a conciliar. En Viaxes na Miña Terra percorremos a Alameda de Compostela, un espazo de convivio e de goce coa natureza en pleno corazón de Compostela.

Absorción de R

A 'absorción de R' supón unha nova perda empresarial para Galiza. Se ben esta compañía xa era, nun 70%, propiedade dun fondo británico, con este paso fica sen sequera ese 30% -que até agora estaba en mans de Abanca-.

En 'Angrois, dous anos despois' falamos de como as vítimas manteñen as súas reivindicacións (xustiza, verdade e responsabilidades políticas) mentres o proceso xudicial semella estar empantanado.

E máis cousas: falamos de como os drons móvense nun baleiro legal ou do que acontece coa ampliación de Balaídos. Na contra-capa, XV aniversario de Skarmento, fornada veterana de punk-rock desde Donramiro (Lalín).

Máis en Só en papel
Comentarios