Xentrificadas: Así afecta a Covid-19 a un fenómeno incipiente na Galiza

O concepto xentrificación xorde en Londres no ano 1964, da man da socióloga Ruth Glass, e na última década é cando entra no noso vocabulario para definir os cambios urbanísticos experimentados en cidades cunha forte presión turística. Barcelona, Lisboa ou Porto viven as consecuencias máis dramáticas desta: os fondos de investimento tomaron o control dos centros urbanos e obrigaron a xente a marchar dos seus barrios coas peores das artes. Presións a persoas vulnerábeis e mesmo incendios provocados son algúns exemplos. Na Galiza, a aparición deste proceso é incipiente, pero cidades como Compostela, A Coruña ou Vigo comezaban a sufrir algunhas das consecuencias (suba dos prezos de alugueiro, proliferación de pisos en plataformas turísticas ou desaparición do comercio tradicional). A actual crise sociosanitaria provocada pola Covid-19 freou en seco este fenómeno e o futuro das cidades que apostaron por este modelo urbanístico é incerto; agora cómpre analizar se continuará co remate da pandemia ou se a crise que estamos a vivir pode servir para repensar o actual modelo destas cidades e a economía ligada a este
Bares e restaurantes fechados en pleno centro da zona vella de Santiago de Compostela (Foto: Arxina)
photo_camera Bares e restaurantes fechados en pleno centro da zona vella de Santiago de Compostela (Foto: Arxina)
As cidades galegas que fan fronte ao novo problema da xentrificación son as do eixo atlántico, ligadas tradicionalmente ao turismo e mellor conectadas a nivel de infraestruturas que as cidades do…
 
Inicia sesión para disfrutar de este contenido
star
Podrás registrarte con tu correo. Es gratis y rápido.
¿Necesitas ayuda? Envíanos un email a [email protected].

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Reportaxes
comentarios