martes 20/10/20

Yolanda Díaz di adeus a Esquerda Unida

A actual ministra de Traballo deuse de baixa de IU en outubro pasado mais mantén a militancia no PCE.

A ministra de Traballo e dirixente de Unidas Podemos, Yolanda Díaz (Imaxe: Pool / Europa Press)
A ministra de Traballo e dirixente de Unidas Podemos, Yolanda Díaz (Imaxe: Pool / Europa Press)

Yolanda Díaz, ministra de Traballo actualmente no Goberno español, deixou o pasado mes de outubro de militar en Esquerda Unida a raíz das discrepancias coa posición da súa formación a respecto das negociacións co PSOE para formar Goberno.

A noticia saíu á luz nas últimas horas da man de El Confidencial e medios como El Diario confirmaron a mesma, indicando que Díaz, porén, mantén a súa militancia no PCE pois o Partido Comunista non obriga á dupla militancia PCE-IU.

Persoa da total confianza de Pablo Iglesias, Yolanda Díaz foi coordinadora de Esquerda Unida desde 2005 até 2017. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.

comentarios