Existe unha prioridade nos despachos da Xunta -e das construtoras- que non semella coincidir coas demandas que se escoitan a pé de rúa. Segundo anunciou Núñez Feijóo, o Plan de Xestión para o período 2014-2015 da Axencia Galega de Infraestruturas estará dotado de 460 millóns de euros, que nestes ámbitos sempre é susceptíbel de medrar. O Gaiás, xa paralizado, custou pouco máis de 400, segundo a maioría dos cálculos.
O destino desa inmensa cantidade de diñeiro público para estradas será para “avanzar ou finalizar algunhas obras”, moitas delas máis ben esquecidas na actualidade. Estradas e autovías que valen coma unha nova Cidade da Cultura e que favorecen ás empresas da construción.
Toda a información no Sermos Galiza nº89