A Xunta Electoral ordena “retirar ou modificar” o vídeo de campaña do PPdeG

Constata que aparece en até 24 ocasións una bandeira coa palabra Xunta, tal e como denunciou o BNG.

Vídeo pp
photo_camera Vídeo pp

A Xunta Electoral estima parcialmente a denuncia presentada polo BNG contra o Partido Popular polo seu vídeo de precampaña ‘Galicia é moito’, de Los Limones, e ordena “retirar ou modificar” ese vídeo para que do mesmos sexan retirados as “bandeiras e emblemas da Xunta”.

O BNG denunciou este vídeo por entender que inflinxía o artigo 53 da Lorex, alegando que no mesmo “aparecen referencias a obras, proxectos e demais políticas levadas a cabo polo PP na Xunta, empregando o nome e logo da Xunta e o escudo institucional”.

Para as nacionalistas, isto supuña “confundir o electorado” e “ofrecer una visión de continuidade da Xunta”.

A Xunta Electoral, “una vez visualizado o vídeo”, e após ter en conta as alegacións do PP,. Constata que en por volta de “24 ocasións” aparece una bandeira coa palabra Xunta, “de tipografía coincidente coa empregada pola institución”.

Cómpre lembrar que a Xunta Electoral ordenou a retirada dunha campaña de publicidade da Xunta pola súa semellanza co lema de precampaña de Núñez Feiixoo e o PPdeG e que fora denunciada polo BNG. 

Comentarios