A Xunta deberá indemnizar unha das empresas prexudicadas pola anulación do concurso eólico

O TSXG estimou parcialmente a demanda presentada por EDP Renewables Europe S.L. 

Alto de Vilares_Ribeira de Piquín_Eólico
photo_camera Alto de Vilares na Ribeira de Piquín

A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG vén de fallar a favor de EDP Renewables Europe, unha das empresas que demandou a Xunta de Galiza polos prexuízos económicos causados após a anulación do concurso eólico do bipartito. 

Na sentenza, o tribunal condena a Consellaría de Economía e Industria a pagar unha indemnización "en concepto de responsabilidade patrimonial da administración por desasistencia dos procedementos de parques eólicos en tramitación instruídos ao abeiro da orde 6/3/2008". Neste senso, embora non fixar o prezo final estímase que podería roldar por volta do medio millón de euros, custe que se corresponde co investimento realizado pola empresa no marco da súa participación no concurso eólico que foi anulado polo Partido Popular ao chegar ao goberno da Xunta en 2009. 

O TSXG emitiu aliás unha sentenza en febreiro de 2016 na que tombou o concurso eólico deseñado polo PP após a derrogación do desenvolvido polo bipartito. No seu fallo a máxima instancia xudicial galega obriga o executivo a iniciar de novo o proceso administrativo ao non se axustaren a dereito os requerimentos contemplados inicialmente. 

Comentarios