18-F

Vox baralla presentar o neto de Fraga como candidato á Xunta o 18-F

Partilla nome co seu avó e até hai uns anos afiliación política. Manuel Fraga traballaba no Parlamento europeo para o PP como asesor mais en 2019 pasou a desempeñar o mesmo papel pero para o partido de extrema dereita Vox.
Manuel Fraga Pedroche (Foto: Linkedin).
photo_camera Manuel Fraga Pedroche (Foto: Linkedin).

Manuel Fraga Pedroche, neto do ex presidente da Xunta da Galiza, ministro franquista e fundador do Partido Popular, Manuel Fraga Iribarne, é noticia. Segundo se coñeceu nas últimas horas, o partido de extrema dereita Vox baralla presentalo como o seu candidato a presidente do Goberno galego.

O partido ultraespañolista é o único que aínda non desvelou quen será a persoa candidata á Presidencia da Xunta.

Manuel Fraga

Partilla nome co seu avó e até hai uns anos afiliación política. Manuel Fraga traballaba no Parlamento europeo para o PP como asesor mais en 2019 pasou a desempeñar o mesmo papel mais para o partido Vox.

Nas filas populares pode chegar a preocupar esta escolla do neto do franquista xa que, segundo algunhas sondaxes, o PP podería perder votos de certos secores conservadores en favor de Vox.

Con todo, a secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, restou importancia a esta posíbel decisión de Vox e asegurou que “non temen” por un desembarco de votos á ultradereita.

“Non teñen candidato, non teñen un proxecto para Galiza, os galegos e galegas saberán valorar que partidos teñen proxectos serios para Galiza, que partidos pensan nos seus problemas reais”, asegurou Prado.

Comentarios