O veto do PP á senda de déficit restaría 140 millóns aos concellos

Unha cantidade que o delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, cifrou en "máis de 75 millóns de euros para cuestións tan sensíbeis como a educación, a sanidade e a dependencia".
A vicepresidenta primeira do Goberno español e ministra de Facenda, María Jesús Montero, esta cuarta feira no Senado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
photo_camera A vicepresidenta primeira do Goberno español e ministra de Facenda, María Jesús Montero, esta cuarta feira no Senado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)

O Senado tumbou esta cuarta feira por segunda vez os obxectivos de estabilidade orzamentaria para o conxunto das Administracións públicas no período 2024-2026 propostos polo Goberno español. 

O Ministerio de Facenda avisara de que se isto acontecía, os obxectivos que se aplicarán para os Orzamentos de 2024 serán os remitidos á Comisión Europea o pasado mes de abril, no marco do Programa de Estabilidade, que supoñen unha menor capacidade de gasto para comunidades autónomas e concellos. Nesta vía confía a ministra María Jesús Montero para poder presentar os Orzamentos Xerais do Estado.

Neste contexto, a senadora do BNG, Carme da Silva, denunciou que o veto da maioría absoluta do PP no Senado aos obxectivos de estabilidade orzamentaria suporá 140 millóns de euros menos para os concellos galegos, tendo en conta que os obxectivos que aplicará Facenda serán máis restritivos.

A senadora nacionalista reprochou ao PP o seu voto en contra dos obxectivos. "Terá que explicar [o PP] por que os concellos galegos, que xa están infrafinanciados, terán 140 millóns de euros menos", apuntou Da Silva. 

Unha cantidade que o delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, cifrou en "máis de 75 millóns de euros para cuestións tan sensíbeis como a educación, a sanidade e a dependencia". Segundo Branco, o Senado bloqueou as sendas de déficit "recortando este investimento para a Galiza coa conivencia do Goberno galego".

Para o PP, o seu voto en contra, co que tombou os obxectivos, "fecha as portas ao abuso de poder" do Goberno español, segundo afirmou esta cuarta feira súa senadora Eva Ortiz

Comentarios