domingo 27/09/20

Urkullu adianta as eleccións vascas ao 5 de abril e Feixoo ten 24 horas para decidir se convoca as galegas para esa data

Urkullu adianta as eleccións vascas ao 5 de abril e Feixoo ten 24 horas para decidir se convoca as galegas para esa data

Os ruxes ruxes de que Iñigo Urkullu decidira adiantar as eleccións vascas ao 5 de abril foron en aumento nas últimas horas, collendo forma a medida que se chegaba a hora (16:00 horas desta segunda feira) da comparecencia perante a imprensa do lehendakari. E así foi. Urkullu anunciou que as vascas e vascos terán cita coas urnas o vindeiro 5 de abril. "Aforrámoslle á cidadanía unha campaña electoral permanente ao longo dos oito próximos meses e reducímola a só dous", asegurou.

A 600 quilómetros da Lehendakaritza, en Monte Pío (Compostela) Núñez Feixoo ten agora 24 horas para decidir se percorre o mesmo camiño do lehendakari e convoca os comicios galegos para 5 de abril. En 2012 e 2016 coincidiran ambas as dúas eleccións. 

O presidente, Iñigo Urkullu, comunicoulle ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ao presidente, Quim Torra, á presidenta do Goberno de Nafarroa, María Chivite, e ao presidente da Xunta de Galicia, Ñúñez Feixoo, que avanza as eleccións. para o 5 de abril.

Antes de coñecer a decisión do lehendakari, Núñez Feijóo afirmaraue tomaría unha decisión sobre a cita electoral galega "inmediatamente", unha vez que se limpe o horizonte de Euskadi. Fíxoo en declaracións aos medios de comunicación en Mazaricos, onde remarcou que Urkullu ten "todo o dereito a convocar unha rolda de prensa", como pode facelo el, para "anunciar o que queira" no marco das súas competencias como presidente.

Para que as eleccións vascas (e galegas)spoidan ser o 5 de abril, Domingo de ramos e o anterior a Semana Santa, o decreto para convocar os comicios non podería pasar desta terza feira, xa que se require un mínimo de 54 días desde a convocatoria ata a data das votacións.

comentarios