domingo 31.05.2020
'Long Hope'

Unanimidade do Parlamento galego para instar o Estado a demandar Noruega polos ex-mariños galegos

Máis de 10.000 mariños galegos traballaron no país nórdico. Reclaman as pensións que se lles adebedan.

Long Hope
Long Hope

O Parlamento galego aprobpou por unanimidade demandar que o Estado español inicie unha negociación “real, inmediata e directa” con Noruega paradar solución os 'galisik', os 10.000 mariños gañegos que traballaron anos naquel pais e aqos que se lles adebeda as súas pensións.

Na iniciativa, presentada por AGE, transacionada co PP e á que se sumaron BNG e PsdeG, pídese ao goberno español que presente unha demanda contra Noruega por incumprir o convenio europeo dos dereitos humanos por discriminar por razón de nacionalidade. Oslo exixía aos galegos embarcados en buques noruegueses que residiran en Noruega para estar no sistema de Seguridade Social, algo que non lle demandaba aos seus nacionais embarcados neses mesmos buques.

Esta proposición non de lei foi aprobada na Comisión de Pesca da Cámara lexislativa galega e foi consensuada con 'Long Hope', a asociación que aglutina e representa o colectivo afectado. 'Long Hope' ten presentada unha demanda en Noruega na defensa dos seus dereitos.

comentarios