venres 22/01/21

O TSXG investiga a Pachi Vázquez por un presunto delito de "prevaricación"

O Tribunal admite a trámite a querela presentada pola Fiscalía por un suposto delito de "prevaricación continuada". 

A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de admitir a trámite a querela presentada contra Pachi Vázquez, actualmente deputado no Parlamento galego. 

Vázquez será investigado por un suposto delito de "prevaricación continuada" durante o seu mandato como alcalde do Concello do Carballiño. 

Habida conta da súa condición de aforado os feitos serán estudados polo TSXG e reférense a unha "presunta contratación irregular de persoal", segundo comunicou esta segunda feira o gabinete de comunicación do Tribunal.

María Soledad Piñeiro (PP) tamén será investigada por un presunto delito de prevaricación na contratación dunha empregada

De acordo co comunicado, o maxistrado instrutor, José Antonio Ballestero Pascual, "acordará as dilixencias de instrución precisas". 

A decisión do Superior de Xustiza prodúcese após candidatarse Vázquez ás primarias do PSdeG á alcaldía de Ourense. De antemán, o que fora conselleiro de Medio Ambiente e secretario xeral [email protected] socialistas galegas parte como favorito pois conta co apoio da executiva provincial da organización. 

O TSXG tamén abrirá investigación a Mª Soledad Piñeiro, ex-tenente da Alcaldía de Carnota. A tamén parlamentar podería ter incorrido nun delito na contratación dunha empregada municipal.

O TSXG investiga a Pachi Vázquez por un presunto delito de "prevaricación"
comentarios