Unha trintena de cargos de Podemos en Galiza rexeitan o modelo de primarias de Pablo Iglesias

Subscriben o manifesto no que se pide que o regulamento de primarias deseñado pola dirección do partido se someta a consulta entre as bases. Xa son máis de 7.000 os apoios a esta demanda.

Pablo Iglesias
photo_camera Pablo Iglesias

Unha trintena de cargos de Podemos en Galiza sumouse ao manifesto 'Podemos é participación', que rexeita o modelo de primarias deseñado desde a dirección do partido e pide que o regulamento sexa sometido a consulta ente as bases, segundo informa Europa Press. Entre os asinantes, cargos e responsabilidades en consellos cidadáns de círculos como os de A Coruña, Ourense, Pontevedra,Vigo, Lugo, Arteixo ou Compostela, entre outro. Mesmo hai asinantes que integran o Consello Cidadán de Galiza, como José María Castro.

Medio cento de deputados autonómicos dos 133 que ten Podemos a nivel de todo o Estado subscriben esta petición.

A medida que a semana foi avanzando foi aumentando o número de apoios a esta manifesto, tanto de cargos institucionais como cargos internos do Partido e entre as bases.

Por territorios, Andalucía e Madrid encabezan a listaxe de cargos do Partido que se sumaron a 'Podemos é participación', con 211 e 126 respectivamente. 

Cómpre lembrar que o sector crítico de Podemos-Galiza afirmou estar disposto a marchar se Madrid non rectifica nas primarias. Nun comunicado de imprensa após a asemblea decorrida o 2 de xullo, 'Podemos cambiar Galiza' criticaba con dureza a decisión adoptada polo Consello Cidadán Estatal da formación e o modelo de primarias proposto de cara á configuración das listas electorais ás Cortes españolas. 

Comentarios