23-X

Socialistas denuncian a aparición de sobres co voto do PP dentro en colexios electorais de Ourense

Trasladaron o incidente á Xunta Electoral.
WhatsApp Image 2023-07-23 at 11.29.18
photo_camera O incidente tivo lugar nos colexios da Politécnica e a Carballeira, ambos en Ourense. (Foto: Nós Diario).

Os socialistas denunciaron a aparición de sobres, en concreto tres, co voto do PP xa dentro en colexios electorais de Ourense.

Esta información foi inicialmente divulgada por redes sociais, facéndose eco, ademais, da mesma situación nun colexio de Xaén (Andalucía).

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, o ourensán Xurxo Doval, confirmou que esta situación detectárona os seus representantes en senllos colexios electorais, na Politécnica e na Carballeira, ambos na cidade de Ourense.

"Son tres casos", sentenciou Doval sobre o visto polos seus representantes na xornada electoral.

O socialista, ademais, non "descarta" a posibilidade de que fose alguén que os esquecese ou que se deba a outro motivo.

"Pode ser algo anecdótico", admitiu, aínda que apostilou que o trasladarán á Xunta Electoral polo feito de que aparecesen en distintos colexios electorais e que esta situación se dese tamén noutro territorio como é Andalucía..

Comentarios