O soberanismo ante a COVD-19, o debate organizado por Galiza Sempre

Hoxe, quinta feira, ás 18:00 horas.
Coronavirus Claudio Furlan (Europa Press)
photo_camera (Claudio Furlan / Europa Press)

'O soberanismo ante a COVID-19' é o título do debate aberto que organiza Galiza Sempre coa colaboración de Mar de Lumes e que decorre hoxe, quinta feira.

O debate, que se retransmitirá a través de facebook.com/obloque reunirá representantes de diferentes organizacións soberanistas e independentistas.

Néstor Rego (portavoz do BNG no Congreso), Mertxe Aizpurua (portavoz de EH Bildu no Congreso), Marta Rosique (deputada ERC no Congreso), Albert Brotán (deputado da CUP no Congreso) e Laura Borrás (portavoz de Juns per Catalunya no Congreso) son as participantes neste coloquio.

A xestión do coronavirus, co 'mando único' activado baixo o estado de alarma, ten xerado interrogantes desde as diferentes nacións do Estado perante unha 'centralización' que se tema que veña para ficar.

Comentarios