Seis edís crític@s do PP de Ames renuncian ás súas competencias no Goberno local

O rexedor conservador Santiago Amor seguirá á fronte deste municipio de 30 mil habitantes, mais farao en minoría ao contar co apoio de cinco reprensentantes d@s 21 que fan parte da corporación


Seis concelleir@s do PP no municipio de Ames formalizaron a súa renuncia ás súas competencias na corporación, sen abandonar a súa acta. O rexedor conservador Santiago Amor fica á fronte do consistorio, mais gobernará en minoría co apoio de cinco representantes dun total de 21.

A decisión d@s edís chega unhas horas despois de que Amor destituise a Ramón García Argibay como primeiro tenente de alcalde. Tod@s @s concelleir@s críticas coa xestión do rexedor non asistiron xa ao último pleno, realizado a semana pasada.

Comentarios