Santi Domínguez: "Se os orzamentos non recollen as necesidades da cidadanía, ao BNG non lle tremerá a man en non apoialos"

O BNG de Vigo presentou as súas enmendas aos orzamentos da cidade para 2013, centradas en maiores investimentos en educación e servizos sociais, para alén de fixar ou aumentar as dotacións en educación e trazar unha aposta clara pola participación veciñal e o desenvolvemento das parroquias. @s nacionalistas, aliás, piden recortar en partidas de protocolo ou publicidade. E advirten que "non nos tremará am man" en non apoiar as contas municipais se estas se manteñen como están
Santi Domínguez
photo_camera Santi Domínguez

 O BNG de Vigo vén de presentar as enmendas ao borrador de orzamentos municipais para 2013 elaborado polo goberno socialista. O voceiro d@s nacionalistas, Santi Domínguez, considera que as contas, tal e como están no borrador, non son asumíbeis pois "non reflicten as prioridades e necesidades da cidadanía". Por iso, o BNG presentou unha serie de enmendas, que o propio Domínguez resume a grandes capítulos en tres grandes capítulos. 

Un deses eidos sería o centrado en actuación social. "Apostamos por destinar 3.200.000 euros ao Plan de Compensación Social, que supón destinar 200 euros ao mes durante 8 meses a unhas 2.000 familias en situación de risco. É unha aposta importante por frear o risco de exclusión social", indica o voceiro municipal do BNG. Tamén na área social, Domínguez informa que o BNG pide unha suba "considerábel" na partida para comedores escolares e libros.

"Apostamos por destinar 3.200.000 euros ao Plan de Compensación Social, que supón destinar 200 euros ao mes durante 8 meses a unhas 2.000 familias en situación de risco"

Emprego e servizos

No que atinxe a emprego defende aumentos por 2.500.000 euros para o fomento e a creación de emprego. "O emprego debe ser unha prioridade clara que quede reflectida nas contas municipais". Desde o BNG tamén se entende, e así o contemplan nas enmendemanda, que hai que comprementerse, "ante a gran demanda de prazas infantís", cos centros de Lavadores e Navia. Nesta liña, o BNG avoga por retirar do borrador o 1.300.000 euros que se destina a enviar a rapaces e rapazas ao estranxeiro a aprender inglés. "Non temos nada en contra desa iniciativa, mais consideramos que este non é o momento. Hai cuestións máis prioritarias". 

En canto a partidas onde poder recortar para adicar máis investimentos a crear emprego ou servizos sociais, o BNG avoga por meter a tesoira en gastos de "protocolo ou publicidade, en fundacións que non teñen utilidade ou baixar os gastos en recollida e eliminación de residuos sólidos urbanos".

E tamén consideran que os orzamentos para 2013 deben recoller as necesidades de barrios e parroquias, fuxindo da idea de actuar somentes no centro principal da cidade.

Posición

Santi Domínguez lembra que ao BNG "non lle tremerá o pulso" en non apoiar as contas se estas non recollen as principais demandas e solicitudes. "Non estamos a presentar enmendas como as de emprego ou asistencia social para negociar con elas. Outra cousa é que falemos de cantidades arriba ou abaixo, mais ten que haber un acordo claro de que estas van ser prioridades".

Comentarios