Rexeitada a moción de confianza en Pontevedra á espera de que o PP presente unha moción de censura na que non ten opcións

Na moción de confianza desta segunda feira, o BNG votou a favor (9 votos), PP en contra (11 votos) e PSOE (5 votos) abstívose polo que o rexedor non pasou a cuestión de confianza. Isto significa que nas vindeiras datas deberá ter lugar unha moción de censura contra Lores.
Pleno desta segunda feira en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
photo_camera Pleno desta segunda feira en Pontevedra (Foto: Nós Diario).

Un pleno tenso foi o que se viviu esta segunda feira na cidade de Pontevedra coa moción de confianza que o alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores propuxo ante a imposibilidade de probar os orzamentos para a cidade.

Este sábado, 6 de xaneiro, Lores remitiu unha carta aos voceiros do Partido Popular, Rafael Domímguez, e do PSOE, Iván Pontes, co obxectivo de reiterar unha vez máis, desta vez por escrito directo, “a chamada á responsabilidade para desbloquear” unha “máis que posíbel” situación de parálise no Concello e na sociedade pontevedresa como consecuencia da non aprobación dos Orzamentos 2024.

Así na moción de confianza desta segunda feira, o BNG votou a favor (9 votos), PP en contra (11 votos) e PSOE (5 votos) abstívose polo que o rexedor non pasou a cuestión de confianza. Isto significa que nas vindeiras datas deberá ter lugar unha moción de censura contra Lores.

Sen esperanza para o PP

Con todo, as esperanzas de se facer coa Alcaldía por parte do PP, non duraron moito sendo que o PSOE xa anunciou que non apoiarían o PP nesa futura moción de censura. Así, Lores seguirá sendo o rexedor da cidade do Lérez.

“Non o imos facer alcalde, señor Domínguez para que dirixa a cidade ás ordes de Ayuso, Abascal ou Marcial Dorado se seguen tendo relación”, espetou o portavoz socialista na corporación, Iván Pontes.

“Na miña traxectoria demostrei que sempre que existise algunha outra posibilidade de que o Concello de Pontevedra puidese funcionar razoabelmente ben, evitei recorrer a este mecanismo excepcional da cuestión de confianza, fose chegando a acordos para a súa aprobación, algúns anos ben difíciles e tardíos, fose prorrogando os Orzamentos do exercicio anterior”, manifestou o nacionalista.

Comentarios