Sen “resposta oficial” á proposta de debate do BNG para as xerais

O BNG non recibiu “ningunha resposta oficial” á súa proposta de debate televisado entre as forzas políticas que concorren ás eleccións xerais. Explicouno esta segunda feira a portavoz da organización Ana Pontón: “Feixoo era o rei dos debates na oposición. Agora non debe agocharse e ten que dar a cara”.
 

Rubén Cela. XVI Asemblea Nacional BNG [Imaxe: Xaquín Soliño]
photo_camera O coordinador electoral do BNG para o 28A Rubén Cela. Imaxe: Xaquín Soliño.

A idea, exposta a pasada quinta feira polo coordinador electoral nacionalista Rubén Cela, consiste en chamar a confrontar programas aos líderes das forzas políticas con representación no Parlamento de Galiza. Mais esta mañá, Ponton amosouse disposta a “criteiros de representación máis amplos”. É dicir, con partidos sen presenza no Hórreo.

“As forzas de ámbito estatal non teñen propostas para este país”, lamentou, con todo, a portavoz do Bloque, “veñen aquí os líderes e non teñen nada para Galiza”. Estendeu esta recriminación aos membros destes partidos en Galiza.

“O medo é libre”, afirmou Ana Pontón en referencia ao silencio popular sobre o debate. “O único interese que ten o PP galego é que o seu candidato Pablo Casado estea na Moncloa. Para iso usan o voto como mercadoría electoral”, sinalou.

Comentarios