Este é o reparto entre os deputados e deputadas do PSdeG das áreas de traballo para esta lexislatura

Anuncia unha oposición "firme e construtiva na defensa dos servizos públicos e o crecemento económico" da Galiza.

PSdeG
photo_camera Grupo do PSdeG na Cámara galega (Foto: Nós Diario)

O Grupo Parlamentario acordou esta semana o reparto de áreas de traballo entre os seus integrantes para a XII Lexislatura que agora comeza na Cámara galega. Tal e como sinalou o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o obxectivo é despregar “unha oposición firme e construtiva” na defensa dos servizos públicos da Galiza e co obxectivo de “reivindicar e pór en valor o traballo do Parlamento como Cámara de representación de todos os galegos e galegas”.

As parlamentarias e parlamentarios socialistas afrontan unha nova etapa centrada na presentación de propostas alternativas solventes ao Goberno do PP pero mantendo o ánimo fiscalizador da actividade da Xunta da Galiza e na atención aos “problemas reais” dos galegos e das galegas.

Anuncian, pois, unha oposición en positivo, ademais de responsábel e vixilante “para que a Xunta eleve o nivel” e afastada da liña “irresponsábel e destrutiva” do PP en Madrid.

Os socialistas galegos afirman que se comprometen a elevar a voz fronte a unha “mala xestión que poña en perigo o futuro de Galicia”, e que logo de 15 anos de gobernos do PP situaron a Galicia á cola dun Estado que está a medrar cinco veces máis que o entorno europeo.

Reparto por Áreas

Comisión 1ª   

Paloma Castro: Política Exterior, Emigración, Interior, Xustiza, Cooperación e Deportes

Patricia Iglesias: Calidade Democrática e Transparencia

Julio Abalde: Administración Pública e Administración Local

Comisión 2ª

Carlos López Font: Infraestruturas, Transporte, Ordenación do Territorio e Vivenda

Paloma Castro: Medio Ambiente

Comisión 3ª

Patricia Iglesias: Economía e Facenda

Elena Espinosa: Orzamentos

Comisión 4ª

Silvia Longueira: Cultura e Lingua

Julio Abalde: Educación e Universidades

Comisión 5ª

Elena Espinosa: Sanidade

Silvia Longueira: Política Social, Mocidade, Voluntariado e LGTBI

Carmen R. Dacosta: Emprego e Igualdade

Comisión 6ª

Patricia Iglesias: Industria e Enerxía

Lara Méndez: Comercio, Turismo e I+D+i

Comisión 7ª

Carmen Rodríguez Dacosta: Montes

Lara Méndez: Agricultura e Gandería

Comisión 8ª

Julio Abalde: Pesca

Marisqueo: Carlos López Font

Comentarios