Rajoy en Soutomaior: “Feijóo vai inaugurar a era de crecemento e emprego”

O PP abriu curso político no Castelo de Soutomaior. Un acto no cal se defendeu a política dlo goberno popular (“non cambiarei o rumbo” dixo o presidente español), cargouse contra a oposición, e deixouse no faiado escándalos coma o de Bárcenas. De guinda, prometeuse para o ano que vén unha baixada de impostos

Fto: @PPdeVigo
photo_camera Fto: @PPdeVigo

Se a mellor defensa é un bo ataque, o PP ten ben aprendida esta estratexia guerreira-futbolística. No acto de inicio de curso político, o Partido Popular evitou dar imaxe de arrepentimento ou culpa pola situación política, social e económica do Estado español. Todo foi un aplaudir e apoiar a Mariano Rajoy. Ministros, presidente da Xunta e das deputacións, altos cargos, alcaldes, concelleir@s... tod@s acudiron para arroupar o presidente español. “"España recompensará a aqueles que cumpriron co seu deber", mesmo chegou a afirmar Núñez Feijóo en referencia a Rajoy.

"España recompensará a aqueles que cumpriron co seu deber", afirmou Feijóo en referencia a Rajoy

O castelo de Soutomaior leva oito anos acollendo estes ‘cumios’ populares. Nesta ocasión, aliás, cun despregamento policial xeneroso en efectivos (helicópteros, antidisturbios, furgóns policiais, controis e cortes nas estradas...). O obxecto de tal despregue, os preferentistias, aos que non se lle permitiu achegarse até menos dun quilómetro do castelo.

“Orgullosos do que fixemos”

Nesa defensa centrada nun bo ataque, desde Mariano Rajoy afirmou: “Podemos estar orgullosos do que fixemos” desde a chegada do PP á Moncloa. Asegurou que a situación actual “non ten nada que ver coa de hai un ano” e augurou unha “pronta recuperación”. Foi, nesa liña de intervención, cando o presidente español dixo: “Feijóo vai inaugurar a era de crecemento e emprego”.

Rajoy prometeu que para o ano anunciaría unha baixada de impostos. E dí que "España levantou xa a cabeza"

O presidente galego, pola súa banda, non perdeu oportunidade de cargar contra a oposición. Afirmou Núñez Feijóo que “a oposición debe dcidir se segue a montar numeritos ou axúdanos a arranxar os números que nos deixou cando gobernou”. Cualificou de “imprescindíbeis” a Mariano Rajoy e o PP, e fixo unha chamada á “unidade” do Partido Popular. Tamén alentou a “escoitar á cidadanía”, nunha referencia ao Caso Bárcenas, nome que non foi pronunciado

Comentarios