O PP abre curso político acantonado en Soutomaior protexido por un forte continxente policial

Helicópteros, furgóns de antidisturbios, controis policiais nas estradas... un forte dispositivo das Forzas de Seguridade toma a contorna do castelo par evitar protestas, principalmente dos ‘prefrentistas’

O Castelo de Soutomaior é o sitio tradicionalmente querido por Rajoy para marcar o inicio do curso político. Tamén neste 31 de agosto, onde se van dar cita o presidente español, o galego, ministros, cargos populares... e tamén ducias e ducias de axentes das forzas de seguridade.

Desde horas antes do inicio oficial do acto do PP había controis nas estradas, antidisturbios a controlar o paso, helicópteros a sobrevoar a zona, furgonetas policiais... un despregamento digno do Belfast dos 70. E todo para acalar e evitar a presenza de protestas e manifestantes, sobre todo d@s preferentistas, aos que se prohibiu achegarse a menos dun quilómetro do castelo. 

Haberá ampliación

Máis en OPINIÓN
Comentarios