18-F

Marta Lois asegura que en breve se coñecerá a súa persoa substituta no Congreso: Quen soa máis?

Lois indicou que esa decisión lle corresponde á dirección política de Sumar no Congreso, que "aprobará de maneira ordenada esa transición e substitución".
Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

A ministra de Sanidade e líder de Más Madrid, Mónica García, sinalou que vería "ben" a Íñigo Errejón como novo portavoz de Sumar no Congreso en substitución de Marta Lois, que deixará de ser deputada para centrarse na súa candidatura ás eleccións galegas e cuxa substitución se coñecerá nas próximas semanas "de maneira ordenada". "Véxoo ben", sostivo esta segunda feira nunha entrevista en Onda Cero, ao ser preguntada se o ve como portavoz parlamentario do movemento liderado por Yolanda Díaz.

En calquera caso, a ministra e líder de Más Madrid -partido que se presentou ás eleccións estatais baixo a marca de Sumar- precisou que a ela non lle compete falar do rumbo dos grupos parlamentarios, pero remarcou que entre os deputados de Sumar hai "xente marabillosa, vocacional, comprometida" que vai ter un "marabilloso portavoz".

"Nas próximas semanas"

Pola súa parte, a candidata de Sumar á Xunta da Galiza e aínda portavoz da formación no Congreso, Marta Lois, sinalou que a dirección do grupo parlamentario resolverá nas próximas semanas a incógnita de quen a sucederá.

Lois indicou que esa decisión lle corresponde á dirección política de Sumar no Congreso, que "aprobará de maneira ordenada esa transición e substitución". Nunha entrevista este luns na Radio Galega, Lois reiterou que se vai a dedicar "cento por cento, corpo e alma" aos comicios galegos do próximo 18 febreiro (18-F).

A semana pasada, Lois xa avanzou que deixará o seu escano no Congreso mesmo se Sumar non obtén representación nas eleccións da Galiza e sinalou que prevé asistir como portavoz ao Pleno extraordinario da Cámara Baixa que terá lugar esta semana.

Comentarios