O PSdeG insta Feixoo a "rectificar" e apoiar o novo estado de alarma

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que "rectifique a súa posición contraria ao estado de alarma" e compareza para apoiar unha medida que, aos seus ollos, é a que mellor garante a loita contra o coronavirus. 
Gonzalo-Caballero-261020-1200x675
photo_camera Caballero defende a "solvencia xurídica" do estado de alarma.

"Non se pode xogar coa saúde da cidadanía por unha falsa cuestión reputacional", observou, aludindo ás declaracións de Feixoo e lembrando tamén que neste momento estanse producindo restricións "en toda a Unión Europea".

Para Caballero, o estado de alarma é a figura constitucional que ofrece solvencia xurídica para tomar todas as medidas necesarias para frear a segunda onda de contaxios.

"Non hai actividade económica, cultural nin social se non defendemos a saúde", apuntou e, nesa liña, instou o PP a resolver "o erro histórico" de "obstaculizar" no Congreso este instrumento. Tamén apelou ao BNG para que desta volta q apoie unha medida que solicitaran xa varios Gobernos rexionais.

Segundo lamentou o nivel do PSdeG, o número de contaxios é suficientemente grave como para que Feixoo deixe de estar "agochado" e o Goberno da Xunta, "ausente", na fin de semana na que é anunciado o novo estado de alarma.

Así mesmo, criticou a "insuficiencia" de medidas por parte da Xunta "cando hai cen persoas falecidas nas residencias de maiores e un gromo nunha residencia pública xestionada pola Xunta". No eido económico, Caballero critica que Feixoo "pasase en apenas catro días de anunciar sete proxectos para obter fondos europeos a máis de 100, sen que ninguén coñeza os criterios nin a planificación".

Reactivación

Sobre o plan de traballo da comisión de reactivación económica da Galiza que continúa esta terza feira, Caballero pon o foco na importancia de estender a súa vixencia, toda vez que o prazo pactado por PP e BNG remata antes de que cheguen os fondos da UE.

Desta maneira, o groso das comparecencias terán lugar no Parlamento galego en novembro, polo que o PSdeG presentou unha proposta que incorpora a representantes sindicais, empresariais e expertos dos eidos económico, de transición ecolóxica e no reto dixital, da cultura, da igualdade e do medio rural, ademais de asociacións vinculadas á sanidade.

Comentarios