O PSdeG crea un laboratorio de ideas para artellar o partido que a Galiza precisa

Co foco nas autonómicas de 2020, o PSdeG comeza a traballar nun proxecto político que responda a unha Galiza emprendedora, innovadora e progresista.
Inauguración do Laboratorio de Ideas do PSdeG en Compostela. (PSdeG)
photo_camera Inauguración do Laboratorio de Ideas do PSdeG en Compostela. (PSdeG)

O Partido Socialista da Galiza comezou este sábado na construcción dun proxecto que responda a unha Galiza "emprendedora, innovadora e progresista" co foco nas eleccións autonómicas de 2020. Para esa labor, a formación inaugurou en Compostela o 'Idea Galicia Lab', un laboratorio de ideas para debatir, reflexionar e decidir na aposta do partido no país e, ao mesmo tempo, establecer unha alianza progresista coa sociedade civil.  

No acto participaron os ex presidentes Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

Entre as principais preocupacións e reflexións dos primeros protagonistas, figuran o "derrube demográfico", a dixitalización que precisa Galiza para ser máis eficiente e competente, a transición ecolóxica, especialmente en termos de descarbonización do sector industrial, e a vertebración territorial, que fomente as cidades e impulse o medio rural.

Para o secretario xeral, estes son os cuatro retos que debe afrontar unha Galiza que os socialistas queren debuxar dentro do marco do progreso, o emprendemento e a innovación. Esta visión tamén a comparten os dous ex presidentes e o primeiro edil santiagués.

Comentarios