Primeira Linha aposta no seu VI Congreso por espazos de ''confluencia'' da ''esquerda patriótica''

O partido comunista elixiu novo Comité Central e analizou como facer fronte a novos retos e desafíos plantexados na nova etapa.

Primeiras Linha
photo_camera Imaxe do anterior congreso de PL

Primeira Linha aposta nunha “confluencia” da “esquerda patriótica galega” para configurar un “Polo patriótico rupturista” como ferramenta para camiñar cara á “emancipaçon nacional, social e de género”. Un proceso aberto a “toda a pluralidade” da esquerda social e política galega. Este foi un dos acordos adoptados esta fin de semana pola militancia de Primeira Linha no marco do seu VI Congreso, que decorreu en Compostela baixo o lema ‘Alternativa estratégica’.

Segundo informa o propio partido, neste congreso procedeuse a elexir un novo Comité Central e Comisión de Garantías, para alén de analizar e debater "a necessidade de adaptar a nossa prática política a nível tático em funçom das constantes mudanças operadas na morfologia social, na luita de classes e nos movimentos sociais e políticos da Galiza nesta segunda década do século XXI”.

O reforzo da esquerda independentista e a participación nas diferentes expresións do movemento popular e soberanista de Galiza son outros dos compromisos adquiridos, incidindo en ‘’afastar’ calquera tentación de sectarismo no decorrer da actuación da súa militancia.

Comentarios