POLÍTICA

Preséntase publicamente 'Compostela aberta', unha candidatura ás municipais

Preséntase publicamente 'Compostela aberta', unha candidatura ás municipais

[email protected] da iniciativa afirmaron que están a rexistrarse como partido político para concorrer aos comicios do mes de maio. VÍDEO NO INTERIOR.

Compostela aberta
photo_camera Presentación de Compostela Aberta [Imaxe Anova Compostela]

Esta quinta feira (9 de outubro) a Praza do Obradoiro foi o emprazamento de máis unha presentación pública. Desta volta, a de 'Compostela aberta', unha iniciativa coa ollada posta nas eleccións municipais de 2015. 

Impulsada através dun manifesto pendurado na rede e baixo o paraugas das denominadas 'marés cidadás' este movemento político visa, segundo @s integrantes, dar o "recambio" que precisa o goberno local da cidade perante o "expolio, corrupción e ineficacia" que impera, din, na capital galega. 

Através da leitura do manifesto fundacional, 'Compostela aberta' presentouse aos medios de comunicación e á veciñanza compostelá se ben, xa leva desenvolvidas diversas asembleas ao longo das últimas semanas. O seu obxectivo é candidatarse aos comicios do vindeiro mes de maio e facerse co executivo municipal. 

Para iso, avanzaron que xa están a formalizar o seu rexistro como partido político e a artellar unhas xornadas que terán lugar o vindeiro mes de Novembro. Neste encontro, visan recompilar propostas para un futuro programa electoral e mesmo perfilar nomes para a candidatura. 

comentarios