PP de Ourense e a “campaña provincial eleccións COVID 2020”

Unha campaña nas redes de alcaldes do Partido Popular en plena pandemia e confinamento causa malestar.

Feixoo e Baltar

Alcaldes e alcaldesas do PP en Ourense desfilan nestes días de pandemia da COVID-19 polas redes sociais partillando formato e mensaxe: primeiro plano do rexedor ou rexedora, fondo azul 'popular', mensaxe de ánimo á veciñanza e recordatorio agradecido do importante que é o “apoio de Xunta e Deputación” para combater o coronavirus. Para poñer o ramo, un lema con arrecendo electoral compartido entre todas e todos os participantes: “Xuntos, imos gañar” e #OmomentodasPERSOAS.

Ourense é a área sanitaria con máis casos activos de coronavirus por 100.000 habitantes:430, cando a media na Galiza é de 257 

Alcaldes e alcaldesas de Monterrei, A Bola, Beade, Quintela de Leirado, Larouco... van así desfilando nesta iniciativa do PP de Ourense, na que tamén participan concelleiros e concelleiras en municipios onde non gobernan, como Allariz.

alcalde monterrei campaña1

A mensaxe que trasladan é reiterativa: “grazas ao apoio da Xunta e Deputación...”, “agradecer á Xunta e á Deputación por todos os recursos...”, “Confinados si pero non sos, grazas á cooperación de Deputación e Xunta...”, Agradecementos tamén a Xunta e Deputación por estar perto dos concellos”.

Luis Seara, do BNG de Ourense, resumiu cun “campaña provincial eleccións COVD 2020” esta iniciativa das populares ourensás. O PsdeGacusou no seu día ao PartidoPopular de "orquestrar unha campaña de alcaldes e edís", co lema 'Xuntos imos gañar', para repartición de material sanitario contra o coronavirus.

Comentarios