O PP galego négase a reprobar a proposta aprobada en Madrid para ilegalizar forzas independentistas

O BNG pediu un posicionamento das forzas con  representación no Parlamento da Galiza en contra do acordo da Asemblea de Madrid sobre a ilegalización de partidos soberanistas como pode ser o propio Bloque. Só o PP votou en contra.

 

Parlamento (Europa Press)
photo_camera Parlamento (Europa Press)

O PP foi a única formación representada no Parlamento galego e que se posicionou en contra da proposición non de lei do BNG que pedía a reprobación do acordo de Vox, PP e Ciudadanos na Asemblea de Madrid a favor da ilegalización de formacións independentistas e soberanistas.

O deputado do BNG Luís Bará afirmou que o  PP goberna  coa “ultradereita”  aprobando medidas en contra dos dereitos das mulleres e a democracia pero tamén en Galiza están introducindo os “cabalos de Troia, fascistas, de ultradereita e machista cando pola porta de atrás falan do veto parental ou o inexistente síndrome de alienación parental”.

Bará reiterou que a “democracia é máis grande que España” pero ao Partido Popular parece que lle costa entendelo  e preguntou  de que lado están, en contra ou  “ do lado da democracia e do  autogoberno de Galiza tamén  cuestionados por esas forzas coas que pacta o  Partido popular”. 

Após agradecer o apoio dos grupos parlamentarios da oposición, o deputado nacionalista lamentou  o voto en contra do e asegurou que con este proceder, o PPdeG  “queda retratado”.

Comentarios